UGT-Galicia celebrará ao longo dos días 28, 29 e 30 de maio o seu 10º Congreso -baixo o lema “O traballo, o primeiro”- no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago no que 400 delegados en representación de todas as unións comarcais do Sindicato e federacións de nacionalidade analizarán e debatirán ao redor dos documentos de traballo, Programa de acción, Programa fundamental, normativa interna e estatutos.
Das mesas de debate e análise sairán as pautas de traballo do Sindicato de cara ao vindeiro período de xestión, os próximos catro anos.
Ademais, neste Congreso avaliarase a xestión da Comisión Executiva saínte e elixirase unha nova Executiva que será a encarga de guiar as tarefas, tanto no eido externo como na acción sindical e institucional do día a día, do Sindicato de cara aos vindeiros catro anos.
Esta páxina web pretende converterse nunha fiestra aberta ao Congreso para que os que non formen parte do mesmo poidan seguir en tempo real o seu desenvolvemento, a través das notas de prensa que se vaian facendo públicas, fotografias e vídeos de cada un dos actos máis significativos deste evento que para UGT-Galicia constitúe o acto máis importante do Sindicato no que cada catro anos os seus membros a través de seu voto e achegas deciden quenes tomarán o rumbo do Sindicato en Galicia nos próximos catro anos e cales serán as liñas de actuación.
PALACIO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS DE GALICIA
DATAS